versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión presenta un recurso contra a Xunta polo mal estado do IES de Esparís

[16/10/2012]

A Consellería de Cultura rexeitou a solicitude na que o Concello prestábase a arranxar o edifi cio subsidiariamente

O Concello de Brión non se rende ante o silencio administrativo e insiste en botarlle a culpa á Xunta do estado de deixamento no que se atopa o antigo instituto de ensino secundario de Esparís, situado no lugar de Viceso.

Por iso, unha vez rexeitada por silencio a solicitude que o Concello formulou o pasado 25 de setembro á Consellería de Cultura e Educación, na que lle pedía que reparase os danos do edifi cio ou ben procedese ao pago subsidiario da cantidade de diñeiro necesaria para o arranxo, o Concello non dubidou en apuntar a instancias máis altas e presentou un recurso contencioso-administrativo contra a Xunta no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao considerar que a Administración pública é a responsable das instalacións e do seu correcto mantemento.

Así o cre Xosé Luís García, alcalde de Brión, que non dubidou en afi rmar que «a pasividade dá Xunta propiciou que se causasen cuantiosos dános ao edifi cio, que en moitos casos son totalmente irrecuperables, como as conducións de auga e enerxía eléctrica, que foron roubadas, ou ou pavimento do polideportivo».

Bipartito e PP, responsables

Tampouco lle treme a voz cando se trata de apuntar cara aos responsables e sinala ao Goberno bipartito e ao PP como causantes da situación actual: «Co bipartito dixéronnos que as instalacións ían ser utilizadas para un centro educativo especial, pero non chegou nada. E co PP pretenderon desfacerse do problema enviándonos as chaves dun edifi cio que xa non tinga nin porta daquela», comenta García, que lembrou que o Concello rexeitou expresamente o intento formal de devolución do edifi cio efectuado pola Xunta en febreiro do 2010 e que esta recoñeceu nun escrito do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación que os gastos de mantemento e conservación correspondíanlle a ela.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion