versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Xosé Luis García, Alcalde de Bríon: A solución ó problema das emerxencias é un convenio

[23/10/2012]

Defende unificar servizos con outros concellos a través de acordos, pero rexeita a idea da fusión // “Primeiro terá que haber unha lei e despois estudar a fórmula: ir a deputacións máis pequenas ou ver como se fai”, sinala

Xosé Luis García, do PSdG-PSOE, é un dos alcaldes coruñeses que máis tempo leva no cargo, xa que dirixe as rendas do Concello de Brión dende as primerias eleccións democráticas, en 1979. Nos últimos comicios municipais logrou a súa séptima maioría absoluta. Nesta época de vacas flacas mantén varios frentes abertos contra a Xunta de Galicia e, pese ás críticas que lle choven, mantén vivo o dito de “quen non chora non mama”.

¿Como afecta a un concello pequeno a política de recortes e contención do déficit?

Moito. O propio Concello de seus fondos propios notou unha baixa tremenda, sobre todo polas licencias de obras, que non hai. En inversións a diferenza é moi notable. Entre 2007 e 2009 adicábanse unha media de 1,7 millóns por ano e neste 2011-2012 non chega ós 200.000 euros, que van cedidos ós dous ramales da autovía. A baixa é espectacular e afectou non só ó emprego, senón á paralización de prácticamente toda a actividade.

Ten vostede varios frentes abertos contra a Xunta de Galicia, un deles polos ramales de variante da autovía a Noia...

Foi curioso, porque foi convocarse as eleccións e chegar as máquinas para construir a ponte. Agora parece que están traballando no ramal sur; o ramal norte xa dixeron que non o van facer. E ahí ven a nosa reclamación xudicial. Si non o fan, que paguen os cartos que nós puxemos o ano no que se firmou o convenio que, por certo, firmouse co quen naquel momento era conselleiro de Ordenación do Territorio e hoxe presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O outro e polo estado do antigo IES de Viceso, que é de propiedade municipal. ¿Pensa vostede que este tipo de recursos van dar fruto?

Non nos gusta a política de recursos, pero estamos convencidos de que son recursos que se gañan; ó menos así nolo di o avogado. O que pasa é que esas cousas son tan lentas que, si se gañan dentro de 5 ou 6 anos, pois de pouco nos vai servir. O instituto de Esparís non parece que haxa ningunha dubida de que é propiedade municipal, pero para entregarllo ó Concello hai que facelo nas condicións que tiña, é decir, en boas condicións e non desfeito. Hai que buscarlle solucións. Ninguén se atreve a collelo si non hai un convenio polo que a Xunta proceda á rehabilitación. Neste caso o que máis me doe é que o PP de Brión salga defendendo á Xunta en contra dos intereses dos veciños. O bipartito non o fixo ben, tiña que haber deixado xa solucionado o problema.

¿Que medidas de aforro aplican para cumplir as esixencias de déficit? ¿Están a aplicar subas en tasas ou en impostos?

Nós fixemos un plan de axuste, aprobado por unanimidade, que se está a cumprir. Aplicamos a suba do IPC en contratos como a auga ou o lixo. Non nos quedaba máis remedio, porque así está estipulado nos contratos coas empresas e non é bo momento para subir impostos. Xa sube a contribución, porque o estipula o Estado, e outros como o que van notar no recibo a partir de decembro co imposto do canón da auga que vai doer moito, porque xente que fixo a súa traída fai 20 ou 30 anos, co seu esforzo e sen axudas, vai ter que pagar, e é un pouco inexplicable.

¿Qué lle parece a proposta que se fixo no seu día de fusionar os pequenos concellos?

A fusión de concellos é un invento dalguén que no seu día non tiña nada que decir no debate e sacou o tema e conseguiu que se botaran dous ou tres meses falando do tema, pero non tiña sentido. Para elo terá que haber unha lei que obrige e terase que ver como se fai, si se fan diputacions máis pequenas...

Nembargantes, o seu Concello é pioneiro en unificar servizos...

Eso é outra cousa. Unificar servizos e prestar servizos conxuntamente abarataría costos. Neso, nós, xunto con Ames, fumos pioneiros, porque presentamos un proxecto, que estaba cuantificado, en materias importantes como servizos de Protección Civil, Policía Local, etc. Vendeuse un pouco como un logro. Nese momento falouse co conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e deu o seu apoio a este tema; dixo que adiante, que éramos os primeiros en España. O certo é que houbo un cambio de goberno en Ames e esto quedouse absolutamente en nada.

Ames tomouse coma unha ameaza o aviso de que retiraría o servizo do Grumir si non se realizan aportacións.

Seguimos prestando servizo; de feito fai unas días houbo un incendio en Ames e tivemos un ferido. Estamos alí para traballar e colaborar o que faga falta. Eu tiven máis reunións tanto co alcalde de Ames como co de Teo para tratar de unificar servizos, como estamos facendo na recollida do lixo e na traída de augas, pero podíamos facer cousas extraordinarias. En construcción temos unha maquinaria tremenda, pero neste momento non hai cartos para seguir facendo cousas e eso conseguiríase fácilmente cun convenio entre concellos, que non ten coste ningún, nin en persoal. Creo que a solución vai por ahí.

¿É certo que se quitaron puntos de luz, como di a oposición, para reducir a factura eléctrica? ¿Entra dentro das medidas de aforro?

Algunhas cousas están á vista. Temos sin cubrir neste momento unha praza de aparellador, temos o arquitecto municipal en comisión de servizo en Teo… E, no alumbrado público, cortamos entre a unha e as sete da mañán en zonas que entendemos que non causa ningún problema de seguridade. É un aforro significativo, pero non quitamos puntos de luz.

¿Cal é o nivel de endebedamento do seu Concello?

Neste intre temos unha situación boa; non tivemos que recurrir ó préstamo do ICO. Non temos facturas pendentes, podemos ter algún problema puntual, pero pagamos no mes en todo caso.

¿Está satisfeito co funcionamento do transporte metropolitano?

Este ano tivemos un problema puntual, porque unha empresa dedidiu pola súa conta, na zona de Bastavales, reducir as frecuencias e solucionouse. Aínda que faltan cousas por pulir, funciona ben e aínda que sexa pola crise o certo é que o número de viaxeiros aumenta bastante.

¿Como van os trámites sobre a petición para que declaren Santa Minia Festa de Interese Turístico?

Xa está presentada a solicitude e a documentación e esperamos que nun prazo razoable, dous o tres meses, a Consellería aprobe o recoñecemento. É unha romería que reúne todas as condicións.

EN POUCAS VERBAS

VARIANTE. “A Xunta iniciou as obras da ponte no ramal Sur”.
RECORTES. “Pasouse de 1,7 millóns de investimento a 200.000 €”.
IES VICESO. “Está pendente de que Educación o rehabilite”.
TAXAS E IMPOSTOS. “Sobe o que obrigan contratos e Estado”.
DÉBEDA. “Sen facturas pendentes; páganse ó mes”.
TRANSPORTE. “Aumento notable no número de viaxeiros”.
SANTA MINIA. “Espero en breve o recoñecemento da romaría”.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion