versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

-A auga ... como excusa-, un percorrido en branco e negro de Ra Iribarnegaray

[08/10/2012]

Os amantes de fofografía en branco e negro teñen unha cita inneludible estes días na sala municipal de exposicións do Concello de Brión. Alí o observador pódese deleitar cunha mostra recopilatoria coa auga como eixo temático. A exposición A agua... como excusa, do pintor e fotógrafo compostelano Ra Iribarnegaray, permanecerá en Brión ata o 24 de outubro.

A mostra recolle unha selección de 41 fotografías en branco e negro, de distintos tamaños e coa auga como eixo central. Foi inaugurada na noite do venres pola concelleira de Cultura de Brión, Patricia Vázquez, e contou coa presenza do fotógrafo Ra Iribarnegaray.

Durante o acto Iribarnegaray Saburido, quen agradeceu a presenza os asistentes, explicou que “teño unha fixación do branco e negro. É algo que me gosta moito, aínda que recoñezo que cando utilizo unha cámara dixital non son quen de conseguir ese branco e negro que dan as cámaras analóxicas”.

Ra Iribarnegaray explicou que Auga... como excusa é “unha colección moi mimada por min. Podo dicir que é a que máis quero e espero que lles guste a todos os visitantes”. Un punto no que coincidíu Patricia Vázquez, quen destacou “a capacidade que ten Iriribarnegaray de transmitir tantas cousas a través do seu obxectivo”.

PROGRAMA

No acto a concelleira de Cultura adiantou que o 14 de decembro a sala de exposicións de Brión acollerá unha mostra de pintura de Xosé Vázquez Castro. Asimesmo, explicou que o 19 de outubro abrirase a nova temporada de teatro, coa obra Memorias dun neno labrego.

Unha mostra que abre o Outono Cultural de Brión
INAUGURACIÓN Ante unha trintena de veciños que asistiron á inauguración da exposición, Patricia Vázquez destacou que esta mostra fotográfica “abre o Outono Cultural de Brión, que contará con actuacións de teatro, tanto profesional como afeccionado, música e arte” .

Un autodidacta que tonteou coa política local
PERFIL Ra Iribarnegaray Saburido, de formación autodidacta, é un pintor e fotógrafo compostelano que formou parte dunha das primeiras corporacións democráticas do Concello de Santiago. Está afincado na Coruña dende hai uns anos.

Alumno da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo
FORMACIÓN O artista realizou estudos de fotografía e debuxo na Escola de Artes e Oficios Aplicados Mestre Mateo (Santiago). Ao longo dos dous últimos anos ten participado en varias exposicións colectivas da Asociación de Artistas Plásticos Galegos.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion