versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A piscina de Brión aséntase como punto de deporte saudable

[30/09/2012]

A apertura da pista de pádel é a gran novidade do recinto este ano. Actividades acuátivas para a saúde, rechamantes cursos de aquaerobic e natación para todas as idades, circuítos de adestramento ou xornadas de salvamento e socorrismo. Estas son algunhas das actividades que se ofertan na piscina cuberta de Brión, que con pouco máis dun ano de vida aséntase como un punto de encontro para os amantes do deporte saudable.

O recinto de Pedrouzos abre o seu segundo curso cunha gran novidade, a pista de pádel xa en funcionamento. Até o mes de agosto o seu uso foi gratuíto, pero a partir de agora establecéronse as tarifas de aluguer que oscilan entre os 2 e os 3,5 euros. Entre os servizos que se ofertan nesta instalación, que xestiona a empresa Aquafit, destaca a piscina, con medidas semiolímpicas (25 metros de longo por 12,5 de ancho),; o ximnasio, as saunas e o equipamento Life Fitness.

Os cursos que teñen máis aceptación, para os que xa se abriu o prazo de inscrición, son os da escola infantil de actividades acuáticas, os cursos de aquaerobic e as actividades de dinamización que son gratuítas para todos os abonados. Entre estas últimas atópanse tonificación, circuítos de adestramento, xornadas de salvamento e socorrismo, tomas de tempo ou sesións de natación con aletas. ?Pretendemos que a instalación sexa un punto de deporte saudable?, comenta o xerente, Carlos Amado.

Manter a variedade e intensidade da oferta é o seu obxectivo, ?por iso estamos a pór en marcha un proxecto de formación no deporte e a saúde, con charlas relacionadas coa condición física, a nutrición, os primeiros auxilios...?, explica Amado, quen avanza que se ampliou o horario da instalación, de luns a venres, até as 22.30 horas pola demanda dos usuarios.

En canto aos as tarifas son de distintos tipos: o bono individual é de 24,65 euros; o familiar 31,38 euros, e do reducido (para menores, terceira idade ou persoas con discapacidade) é de 19,05 euros.

O aquaerobic e as actividades de dinamización son as máis demandadas.

As CIFRAS

1300
Socios e subindo a cota ten xa a piscina cuberta do concello de Brión. A instalación abriu as súas portas en xullo de ano 2011 e tres meses máis tarde xa contaba con 995 abonados.

30
Euros nun vale para material deportivo é o que regala a empresa Aquafit a todos os novos socios até o próximo 30 de outubro.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion