versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Miles de romeiros enchen hoxe de culto e festa a carballeira de Santa Minia

[27/09/2012]

O alcalde alerta dos "pícaros" que cobran un euro polo aparcadoiro. Miles de romeus e devotos chegados de distintos puntos de Galicia danse cita hoxe na carballeira de Brión para participar nos actos relixiosos e festivos do día grande de Santa Mínia. Un ano máis, desde o Concello advírtese da ?picaresca? e alértase contra os que tentan cobrar un euro aos visitantes por utilizar o aparcadoiro público e gratuíto.

Os primeiros romeiro xa gozaron na xornada de onte dos primeiros actos festivos, como a queima da fachada, os fogos artificiais e a verbena.

Ademais, tamén onte acabáronse de instalar os máis de 200 postos de venda de rosquillas, roupa, chourizos, larpeiradas, licores, filloas, artesanía, xeado e, como non, de velas e imaxes relixiosas.

Á marxe das ofrendas á santa, hoxe na carballeira cumprirase outras das grandes tradicións de Santa Minia: comer o polbo nos postos animados polo facer das charangas e outros artistas.

DÍA GRANDE Os actos relixiosos en honra a Santa Minia dan comezo hoxe ás 9.00 horas, aínda que a maior concentración de devotos prodúcese a 13.00 horas, na misa solemne, Durante toda a mañá, miles de romeus cumpren coa tradición de visitar á santa, bicar o seu sepulcro e pasar sobre el as estampas que lles darán sorte durante todo o ano. Por razóns de seguridade este ano tampouco se permite que as velas de ofrenda dos romeus leven á capela, pero poderanse depositar nun local anexo.

Paralelamente, ás 12.00 horas iniciaranse os actos lúdicos que se abren coa actuación dun cuarteto de gaitas e da charanga NBA de Betanzos. Os espectáculos manteranse toda a tarde, até as 20.30, hora en que dará comezo a verbena coa actuación das orquestras Os Satélites e Trevol.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion