versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O temporal varre os actos e mercadillos da comarca

[24/09/2012]

A auga e o forte vento obrigaron onte a suspender a ruta cabalar de Brión e a aprazar a recollida solidaria para Pablo. O forte temporal de choiva e vento que onte azoutou a gran parte das comarcas deixou sen actos solidarios e festivos aos concellos de Terras. O primeiro día do outono tamén se cebou cos grandes mercadillos, como o dominical de Padrón que a media mañá presentaba unha imaxe insólita e inusual, con moi poucos compradores e escasos postos que apenas mantiñan o equilibrio no campo do Couto.

Quizá a suspensión máis rechamante foi a do acto convocado na praza de Macías de Padron en solidariedade con Pablo, o neno de Pazos con distrofia muscular para o que se segue recadando diñeiro para poder financiar as obras de adaptación da súa casa, que se inician hoxe, ás necesidades do menor.

Estaba previsto para as 11.00 horas da mañá e aínda que nun primeiro momento os organizadores pensaron en trasladalo ao polideportivo municipal, ao final decidiuse aprazar a súa celebración até o próximo día 14 de outubro.

A tristeza tamén se facía patente nos montes de Rañalonga, en Brión, onde a mala climatoloxía obrigou a suspender un dos actos máis esperados da XXX Festa do Cabalo, a ruta polas marxes do Tambre. Tampouco se puideron celebrar outras probas e actividades hípicas, aínda que os brioneses seguen mirando ao ceo e confían en que o tempo non augue unha das festas máis esperadas e que se celebra o xoves, día 27, a Romaría de Santa Minia.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion