versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Encerrros en Rañalonga ao máis puro estilo do western

[23/09/2012]

A tradicional "embretada" de xovencas abriu onte a XXX Festa do Cabalo de Brión, que hoxe celebra a popular ruta cabalar. Un peche de novillas, que ao espectador aseméllaselle ao máis puro estilo dos que se observan nos western americanos, abriu onte a XXX Festa do Cabalo de Brión, un tradicional encontro dos amantes do mundo equino que ten o seu punto culminante hoxe coa ruta cabalar polas marxes do Tambre.

Centos de pesonas déronse cita onte para participar na embretada de xovencas, na que unha decena de equipos da comarca de Santiago, formados por tres xinetes, tiñan que conseguir meter no curral ao tres vacas que levaban no lazo do seu mesmo cor. Todo iso en menos de tres minutos.

Os gañadores desta proba foron os do equipo de Macedos (Urdilde-Rois), que completaron o peche en 1 minuto e 31 segundos. Tamén onte, os asiduos á Festa do Cabalo puideron gozar da carreira de burros e a solta de vaquillas, na que os máis ousados tiveron que sortear os exemplares da gandaría Raso de Portillo. O destro Jesús González Matogueiras, máis coñecido como ?Suso de Valladolid?, pechou a xornada cunha corrida sen morte.

A festa, antesala de Santa Minia, vive hoxe domingo o seu día grande, coa ruta cabalar polas marxes do Tambre. Iniciarase ás 10.00 horas e prolongarase até o mediodía. Pola tarde poderase gozar, entre outras, das probas de doma.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion