versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A XXX Festa do Cabalo abre Santa Minia hoxe en Brión

[22/09/2012]

A XXX Festa do Cabalo de Brión abre esta tarde seis días de festexos que culminarán o xoves, 27 de setembro, cunha nova edición da popular Festa de Santa Minia, evento que o Concello confía en que sexa declarado festa de interese turístico en Galicia, para o que xa presentou a documentación na Xunta. Se o tempo non o impide, os organizadores confían en que miles de visitantes acudan hoxe e mañá domingo ao monte de Rañalonga para seguir as probas nas que está previsto que participen uns trescentos equinos.

A Festa do Cabalo abrirá as súas portas ás 18.00 horas, cunha "embretada" de xovencas, a tradicional carreira de burros e unha solta de vaquillas. Mañá domingo os actos inícianse ás 10.00 horas coa ruta cabalar polo monte Rañalonga e ás 12.00 terá lugar unha proba de arrastre con tractores.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion