versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Protesta veciñal en Brión polo recorte de frecuencias no transporte comarcal

[03/07/2012]

O alcalde traslada hoxe a Mobilidade a queixa presentada ao Concello por 333 particulares. Máis de trescentos veciños da parroquia de Bastavales (Brión) presentaron onte un escrito no Concello denunciando os cambios de horarios e a supresión de frecuencias que decidiu a concesionaria do transporte metropolitano. En concreto os afectados denuncian recortes en 5 servizos e dous cambios de horarios na liña que fai o servizo regular entre Extramundi e Santiago de Compostela, cuxa concesión leva a empresa Autocares Bustelo, encargada do itinerario Rois-Sorribas-Bastavales-Bugallido-Biduido-Laraño.

No escrito de queixa, asinado por 333 veciños, os afectados explican que "os horarios actuais están establecidos hai moitísimos anos e están completamente asentados entre vos usuarios" e advirten que "nesta ruta non hai outra liña de autobuses que faga este percorrido".

En canto aos horarios presentado pola firma bustelo as frecuencias que suprime son as das 11.00 e 16.00 horas de luns a venres e a das 8.00 horas os sábados en dirección a Santiago. Nesta mesma dirección cambia o horario das 14.00 horas ás 14.25. En dirección a Extramundi suprime as da 10.00 e 17.00 horas e cambia a das 15.00 horas ás 15.30.

Hai que indicar que tras a presentación da queixa, o alcalde de Brión, Xosé Luís García, mostrou o seu respaldo e comprometeuse a presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Mobilidade. García explicou tamén que aproveitará a reunión que celebra hoxe a Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano para presentar a queixa na quenda de rogos e preguntas.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion