versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión leva ao Contencioso á Xunta por non facer as variantes da autovía AG-56

[30/06/2012]

Comunicaron que desisten unilateralmente de cumprir o convenio asinado en 2005. O Concello de Brión anuncia que presentará un contencioso administrativo contra a Xunta para esixir o cumprimento do convenio que se asinou o 15 de marzo de 2005 para construír as variantes da AC-300 e a AC-451, ramais de acceso á autovía Santiago-Brión. E ten previsto facelo o vindeiro luns.

O executivo local comunica que esta decisión se toma "ante o silencio administrativo ao requirimento que fixo o Concello en maio" e, sobre todo, tras recibir onte mesmo "un escrito da Axencia Galega de Infraestruturas (asinado por Ethel Vázquez) no que se indica que a Xunta desiste do cumprimento deste convenio"

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, lamenta "a falta de palabra tanto da Xunta como do seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que foi quen asinou o convenio de colaboración no ano 2005, cando este era conselleiro". E anuncia que "imos reclamar danos e prexuízos, pois a autovía pasa por Brión sen que a Xunta tivese que pagar nin un duro, e ocupa terreos de propiedade municipal que foron indebidamente ocupados".

PREXUÍZOS. Doutra banda, o alcalde lembra que o Concello tamén tivo que achegar ?203.815 euros en concepto de contribución aos custos de expropiación e execución das obras da variantes AC-300 e Ac-451 que agora se negan a executar?. Por todo iso, "o Concello de Brión ten intención de reclamarlle á Administración autonómica danos e prexuízos por todas as obrigacións que tivo que asumir o municipio e por todos os danos que causará a Brión o non desenvolvemento deste proxecto", sinala García.

Doutra banda, o alcalde considera que ?a Xunta non pode impor unilateralmente o seu propio incumprimento?. Xosé Luís García lembra, ademais, que xa van "seis anos de atraso".

Foron el mesmo e o entón conselleiro de Infraestruturas, Alberto Núñez Feijóo, quen asinaron o 15 de marzo de 2005 o convenio de colaboración para facer a variantes AC-300 e AC-451. Pero, "desde entón asináronse até cinco adendas ao convenio, todas elas a instancias da Xunta, nas que se foron modificando os prazos das obras", di García.

É máis, o alcalde recoñece que o pasado 15 de marzo de 2012, tivo lugar unha reunión da comisión de seguimento deste convenio na Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente. Alí, os representantes da Xunta expuxeron as dificultades económicas da actual conxuntura e propuxeron eliminar a execución da variante da AC-451, mantendo unicamente o compromiso da AC-300.

O Concello di que se mostrou "comprensivo", e pediu que se rematase a AC-300 e que se executase só o primeiro tramo da AC-451, desde a rotonda de ligazón coa autovía até a rotonda de Cabreirós, xa que é de vital importancia para o crecemento da capital municipal: Pedrouzos (sería un viario de 1,2 km). Aínda así, di García, a Xunta negouse a cumprilo comprometido.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion