versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión estrea unha web para centralizar as ofertas de emprego para parados locais

[28/06/2012]

O departamento municipal de Promoción Económica de Brión presentou onte unha nova páxina web, que funcionará no formato de blog para que as persoas que estean en situación de desemprego teñan unha canle de información específi co que lles axude a atopar traballo.

Na parte inicial do citado blog (empregobrion.blogspot.com/é), ao que se accede desde a web do Concello, están detalladas todas as ofertas de emprego que chegan ao departamento de Orientación Laboral. E delas destácanse as que están radicadas no mesmo municipio de Brión ou en concellos próximos. Ademais, o blog ten vínculos con distintos departamentos autonómicos e provinciais relacionados coa procura de emprego. No mesmo espazo tamén se accede á bolsa de traballo habilitada polo Concello brionés no 2002 e na que nestes momentos están apuntados preto de trescentos veciños.

A nova web tamén incorpora información sobre o servizo local de orientación laboral e ofrece ligazóns na Rede a buscadores de emprego, empresas de traballo temporal e organizacións empresariais.

Este soporte incorpora un campo propio para a formación, con datos sobre cursos impartidos en Brión e en distintos puntos da provincia. Tamén están incluídos os talleres municipais para emprendedores e os de orientación laboral, que comezaron en xuño e que tras o parón do verán terán continuidade, en sesións de dúas horas, a partir de setembro.

Á súa vez, as empresas disporán dunha guía con axudas e subvencións ás que poidan ter acceso.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion