versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os mozos de Ames, Negreira e Brión preferiron a piscina á festa saudable antidroga

[27/06/2012]

Apenas unha vintena de mozas participaron onte na primeira festa saudable organizada polos concellos de Ames, Negreira e Brión, que desenvolven un plan conxunto para a prevención do consumo de drogas entre os escolares do tres municipios.

Durante todo o ano, alumnos de secundaria e de bacharelato do tres concellos participaron en sesións formativas e en talleres para mostrar os efectos das drogas entre os adolescentes. E por vez primeira decidiron organizar unha fi esta a modo de fi n de curso.

O feito de que onte fose unha xornada especialmente calorosa provocou que moitos dos mozos que poderían participar no bautizado como feirón saudable cambiasen de opción e elixisen gozar dunha xornada de piscina, xa que concellos como Ames xa tiñan abertas as súas instalacións.

Iso si, o escaso grupo que se achegou á carballeira de Santa Minia tivo á súa disposición un potente equipo de música e numerosas froitas para elaborar cócteles saudables e especialmente nutritivos a partir de receitas xa contrastadas.
 



 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion