versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os municipios de Ames, Negreira e Brión celebran mañá o Feirón Saudable

[25/06/2012]

Os concellos de Ames, Brión e Negreira organizan conxuntamente o Feirón Saudable, que se celebrará mañá martes na carballeira de Santa Minia en Brión. O obxectivo desta iniciativa é concienciar aos mozos sobre a problemática do consumo de drogas. O Feirón Saudable irá rotando cada ano por cada un do tres concellos, que se uniron para a súa posta en marcha, e farase coincidir co Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, que tamén se celebra o 26 de xuño.

A partir do cinco da tarde os asistentes poderán participar en diferentes actividades, todas pensadas para inculcar condutas de lecer responsable e saudable aos máis novos. Contarase con xogos tradicionais e poderán participar en talleres, entre os que destaca o de elaboración de pulseiras.

Ao seis da tarde entregaranse os premios ás autoras dos carteis gañadores do primeiro certame de carteis desta fi esta, un por cada concello. Os premiados recibirán un trofeo e un vale por importe de 50 euros canjeable por material escolar.

A gañadora de Ames é Nerea Montes Pérez, de 15 anos, que cursa terceiro da ESO no Instituto de Secundaria de Ames. O seu cartel leva como lema «Drogas, que non che controlen». A vencedora de Negreira é Uxía Pérez Ponche, de 13 anos, alumna de primeiro da ESO do IES Xulián Magariños de Negreira, que participou co cartel «Saír é difícil, non entres». O concurso quedou deserto no concello de Brión, onde non se presentaron traballos a este concurso. En total, dos municipios de Ames e Negreira o xurado recibiu case un centenar de traballos, en concreto 95.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion