versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O tráfico da autovía de Brión creceu en mil vehículos diarios

[24/06/2012]

O tramo de Cacheiras perdeu vehículos en favor da vella estrada. O informe de tráfi co presentado esta semana pola Consellería do Medio Ambiente confirmou que as estradas e as vías de alta capacidade da área compostelá son as de maior volume de tráfi co de Galicia. O desenvolvemento urbanístico da área metropolitana, con Ames, Teo e Brión á fronte, son os verdadeiros responsables dun fluxo de circulación que vai en aumento, aínda que cunha repartición certamente desigual.

Así, a principal conclusión do informe de aforamentos do ano 2011, o último con datos oficiais, confi rma que a autovía de Brión, inaugurada no 2007, gañou de media anual mil vehículos respecto ao 2010. E, pola súa banda, a vía de alta capacidade que cruza Cacheiras, aberta desde o 2008, perdeu case mil vehículos entre o mesmo período.

AUTOVÍA DE BRIÓN (AG-56)

Máis de 20.000 vehículos. A autovía de Brión, coa ligazón complementaria entre Pardiñas (Ames) e As Galanas (Teo), segue sendo a vía de alta capacidade con maior volume de tráfico de vehículos rexistrada no informe da Xunta, que contabiliza máis de vinte mil automóbiles cada día. Con todo, a desagregación destas cifras eleva a media a 27.175 unidades no tramo entre A Rocha (Santiago) e a ligazón con Pardiñas (á entrada de Ames). E na seguinte saída, preto de Bertamiráns, seis mil vehículos abandonan unha autovía que á altura de Brión baixa ao catorce mil automóbiles, o que confirma que o tráfi co viario amiense absorbe máis do 50 % da circulación da AG-56. O perfil demográfi co de Ames, con boa parte da súa poboación traballando fose do municipio, queda corroborado coa drástica caída do volume de vehículos entre os días laborais e os fins de semana e festivos. E a evolución das cifras de tránsito recompiladas pola Administración autonómica confirma a aposta dos condutores por esta vía de alta capacidade, que no 2008 tiña unha media diaria de case 22.500 automóbiles, fronte aos máis de trinta mil de media en días laborais do 2011.

AUTOVÍA DE TEO (AG-53)

Descenso de usuarios. A autovía AG-53 dispón de menos sistemas de medición que a súa veciña de Cacheiras, dado que o volume de tráfico que asume cada día tamén é inferior. En concreto, entre o tramo de AG-56 de Santiago e Tras do Eixo pasaron 10.827 vehículos de media diaria no 2011. E deles, 8.567 continuaron por Vos Verxeles. Esta cifra supón unha caída de mil vehículos respecto ao 2010 (11.882 e 8.832 respectivamente). Pero a circulación total non descendeu, xa que a comarcal da Estrada, entre O Castiñeiriño e Vos Tilos, pasou de 14.724 a 15.642 vehículos. Con todo, a comparativa de tráfico desde o 2008 confi rma o forte incremento de usuarios da AG-56, que arrincou con apenas 4.520 automóbiles de media. Ese ano, a AC-841 sumou 21.929 vehículos, o que supón 5.287 máis que no último rexistro.

COMARCAL DE NOIA (AC-543)

Tímida subida. Se algunha estrada perdeu tráfico na comarca compostelá, esta é a comarcal de Noia, que antes da apertura da autovía entre Santiago e Brión rozaba o trinta mil vehículos diarios de media entre Vidán e a zona de Roxos. Esta cifra caeu no 2008 a 20.617 automóbiles até chegar aos 14.379 do ano 2010. Con todo, este rexistro supón un leve incremento de menos de douscentos automóbiles diarios respecto ao ano pasado, o último incluído no informe da Xunta.

DOCUMENTACIÓN

Así se mide o tránsito viario

O sistema empregado pola Xunta para rexistrar o volume de vehículos baséase nunha mostraxe con selección de datos nos que se consideran «tramos máis signifi cativos da rede». Para o cómputo real dos vehículos combínanse medios automáticos e manuais. No primeiro caso, hai estacións fi jas pola rede viaria que miden os campos magnéticos mediante mecanismos instalados no fi rme, xunto aos cales se instalan estacións de medición. E dependendo do espazo entre os sistemas de medición diferénciase entre turismos e vehículos pesados. O segundo sistema é máis simple, e consiste en instalar no fi rme un tipo de tubo, que se vai cambiando de sitio, que cando o pisan as rodas dos vehículos computa o número de automóbiles que pasan.

As CIFRAS

27.175
Entre A Rocha-Pardiñas É o traxecto de maior densidade viaria. En xornadas laborais, a media chega a 30.202.

10.827
De Santiago a Vos Tilos O tramo con saída en Tras do Eixo baixou de 11.882 vehículos no 2010 a 10.827 no 2011.

7 controles
Puntos de medición A DXT ten controis en AC-543 e a AC-841. A Xunta instalou cinco na AG-56.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion