versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión solicitará que a romaría de Santa Minia sexa Festa de Interese Turístico

[20/06/2012]

O Concello de Brión quere reforzar a promoción da Romaría de Santa Minia, á que cada ano acoden miles de persoas, co recoñecemento ofi cial da categoría de Festa de Interese Turístico, que concede a Xunta.

A tramitación do expediente necesita o aval do pleno municipal. Por este motivo a proposta está incorporada formalmente á convocatoria do debate ordinario que hoxe se celebra a partir das 13 horas.

O Concello brionés resalta que a romaría de Santa Minia cumpre con todos os requisitos para ser unha fi esta de interese turístico. O primeiro é que a celebración proposta teña máis de dez anos de antigüidade, ademais de ser unha cita singular, con arraigamento e valor cultural. Ante estes baremos, o rexedor local, Xosé Luís García, recoñece que a cita relixiosa de Santa Minia cumpre con fartura. Pero para que non caiban dúbidas, o expediente ante a Xunta incluirá fotografías, carteis, programas, folletos, libros, referencias bibliográficas «e canta información sexa necesaria para conseguilo», anuncia García.

O rexedor brionés destaca que aínda que a romaría é unha festa relixiosa, o Concello contribúe activamente en todos os actos, ademais de acondicionar a contorna da capela, manter efectivos da Policía Local e de Protección Civil durante todo o día. E seguindo a tradición, a xornada de Santa Minia é festivo local.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion