versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Mércores, 23 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión pedirá que Santa Minia sexa declarada festa de interese turístico

[20/06/2012]

O pleno abordará a modificación da ordenanza que regula a taxa da piscina. O Concello de Brión vai solicitar á Xunta de Galicia a declaración da Romaría de Santa Minia, que se celebra anualmente o 27 de setembro, como Festa de Interese Turístico de Galicia. ?Pensamos que Santa Minia reúne todos vos requisitos tanto pola súa singularidade, antigüidade, arraigamento e valor cultural?, explicou o alcalde de Brión, o socialista Xosé Luís García, que levará esta proposta ao pleno que se celebra hoxe.

García confía en solicitar o apoio unánime da Corporación nesta proposta, xa que o Concello xa ten confeccionada unha memoria justiticativa dos requisitos que se esixen na normativa que regula este procedemento.

Ademais deste punto, no pleno, que se celebra ás 13.00 horas, debaterase, tamén, unha proposta da alcaldía para a aprobación da taxa pola licenza de apertura de establecementos e a modificación da taxa que regula a utilización da piscina cuberta municipal.

Outros puntos da orde do día fan referencia a modificacións e recoñecementos de crédito, o informe de estabilidade orzamentaria, e á proposta para dedicar a Roberto Vidal Bolaño o Día dás Letras Galegas 2013.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion