versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A boa acollida do I rastriño de Brión garante a súa continuidade

[18/06/2012]

O Primeiro rastriño de Brión, que se celebrou onte pola mañá baixo a carballeira de Santa Minia, terá continuidade. Volverá, probablemente, en xullo porque a súa celebración foi un éxito, pese "aos chaparróns continuos de auga que nos caían encima", din os organizadores. E é que, a pesar das inclemencias do tempo, "máis de cen persoas" visitaron este mercadillo de compra e venda de artigos de segunda man, como informou a este diario Dora Vieiro, técnica de Mocidade e Voluntariado en Brión.

Estiveron 30 dos 32 postos previstos, algúns deles de xente que se desprazou dende Noia, Ames, Teo ou Santiago e non se deixou amedrentar pola choiva. E, en canto oferta, había de todo: libros, roupa de moto, artesanía, bixutaría, calzado, antigüidades, e a uns prezos irrisorios: 1, 2, 10 euros... A 15, por exemplo, viñan cascos de moto, e a 13€ ofrecíanse discos de vinilo de coleccionista.

Entre os vendedores había moitos veciños de Brión, que puxeron á venda as cousas que lle sobraban en casa, pero tamén tres asociacións xuvenís, entre elas a Recreativa de Vos Tilos e a Asociación Xuvenil Carballeira de Brión. Estes últimos contaron coa doazón dun fotógrafo que acababa de pechar a súa tenda, e facilitoulles todo o que tiña: desde cadeiras de oficina (10 euros) a álbums, papel para imprimir, etcétera.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion