versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brion acolle 30 gravados do V premio internacional de arte grafico Jesus Núñez

[17/06/2012]

A exposicion podera visitarse libremente ata O 27 de xuño na que sera a sua penúltima itinerancia pola provincia. A sala de exposicions da Casa da Cultura de Brion acollera ata O vindeiro 27 de xuño a exposicion do V Premio Internacional de Arte Grafico Jesús Núñez, que organiza a Deputacion Provincial da Coruña. Un premio ao que optaron un total de 168 artistas, 82 nacionais e 86 internacionais, e no que a entidade provincial fixo unha seleccion de 30 gravados que componen a exposicion que dende maña luns estara a disposicion dos veciños e veciñas de Brion.

A mostra esta presidida pola obra ganadora: "Planetas aislados", de Ana Maria Soler Baena. Tratase dun gravado a unha tinta realizada cunha técnica mixta que combina a estampacion dixital coa serigrafia e elementos tridimensionais. Ao seu carón figuran os dous accésits do certame: "D'après romeu - préparation d'une scéne tragique-acte in, un gravado en augatinta de Julio Almas; e "El origen", obra de Minia Martinez Seijas utilizando cuatricomia en fotopolimero.

Canda os tres premiados, a exposicion recolle outras 27 obras dos artistas: Rafael Angulo Nieto, Ovidiu Batista, Hugo Besard, Silvana Blasbalg, Graciela Buratti, Paula Cabaleiro Comesaña, Pablo Casado, Pablo Flaiszrnan, Altea Grau Vidal, Desislava Hristova, Elena Jiménez, Eva Largo, Gema LopezGonzilez, Rosell Meseguer Mapral, BeatrizMoreno, Susana Marias, Federico Osorio, Enrique Palacio, José Enrique Porras Gomez, Clèment Richem, Rocio Rivas, Carmelo Rubio Lopez, Francisca Sanche Huertas, Silvia Santana, Pilar Valdivieso, oscar Valero e Maria Verdugo Althofer.

A exposicion poderá visitarse en Brion ata 27 de xuño, de onde partira cara Dumbria, na que sera a ultima ocasion de contemplar esta exposicion na provincia (na Dasa de Pedra de Ézaro, do 29 de xuño ao 15 de xullo).
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion