versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A carballeira de Santa Minia acolle o primeiro rastriño de compra-venda en Brión

[17/06/2012]

O primeiro rastriño de compra-venda de artigos usados e de segunda man estréase esta mañá na carballeira de Santa Minia (Brión). Haberá, segundo a organización, un total de "25 postos" con todo tipo de produtos (artesanía, roupa, calzado, roupa de moto, etcétera), aínda que o rastriño estará aberto á participación libre e gratuíta de todos os veciños que se queiran sumar a esta nova iniciativa.

A edil de Cultura, Patricia Vázquez, sinalou que esta cita "é unha oportunidade tanto para o que vende, porque se desfai dun obxecto que non utilizaba, como para os que veñen comprar, pois poden atopar obxectos en grao sumo variado nunha contorna perfecta, como é a carballeira de Santa Minia".

O rastriño estará aberto de 11.00 a 14.00 horas e se chove trasladarase ao pavillón de Pedrouzos.

A HORTA
Doutra banda, a Asociación agroecolóxica cas mans na terra porá á venda a próxima semana na praza de Lalín pequenas partidas de produtos de horta, como fresas, brócoli ou acelgas, de cultivo 100% ecolóxico.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion