versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión apoia a posta en marcha do parque eólico de Norvento

[12/06/2012]

Teo presenta un informe de impacto negativo para o de Monte Piquiño. O Concello de Brión colaborará coa empresa Norvento para a posta en marcha do parque eólico que a firma ten previsto instalar no monte Rubial, entre os termos municipais de Brion e Rois. O alcalde, o socialista Xosé Luís García, mantivo a semana pasada unha reunión co director de Enerxía Eólica de Norvento, Iván Nogueiras, para coñecer todos os pormenores do proxecto, que inclúe a instalación de 8 aeroxeradores de 3 megawatts (mw) cada un (catro en cada concello), co que en total o parque contará cunha potencia instalada de 24 mw e podería comezar a operar no ano 2014.

Durante o encontro, celebrado na sede do consistorio brionés, Iván Nogueiras explicou tanto ao alcalde como aos responsables municipais as características dun proxecto que, segundo indicou, afecta a un total de 106 parcelas de Brión. Segundo explicou García "Norvento explicounos que a súa intención é chegar a acordos cos seus propietarios. Nas conversas que tivemos como Concello chegamos a un acordo, e nos próximos días convocaremos unha xuntanza cos veciños para ver se tamén podar acadar un acordo sobre as súas leiras". Unha reunión á que tamén asistirán responsables da eólica.

A construción do parque eólico no monte Rubial atópase nestes momentos en fase de exposición pública, polo que tanto desde o Concello como desde a empresa confían en poder pechar canto antes acordos amigables cos propietarios das parcelas. Para iso e sen é necesario, segundo fontes municipais, celebraranse varios encontros cos afectados.

Rexeitamento en Teo

Pola súa banda, o Concello de Teo presentou un informe negativo á solicitude de autorización administrativa para a instación dun parque eólico en Monte Piquiño, que se situaría entre este municipio e o de Padrón.

Os responsables municipais, que basean o seu rexeitamento na afección ao patrimonio arqueolóxico e histórico da zona, responden así á solicitude cursada pola Consellería de Industria o pasado 4 de maio.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion