versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión axilizará cos veciños a instalación dun parque eólico

[08/06/2012]

O alcalde cre que se lograrán acordos amigables cos afectados. O alcalde de Brión, Xosé Luís García, confi rmó que o Concello colaborará coa empresa Norvento para facilitar a instalación dun parque eólico de 24 megawatts de potencia no monte Rubial, pertencente aos municipios de Brión e Rois.

Así o fixo saber despois da reunión mantida onte con Iván Nogueiras Pérez, director de Enerxía Eólica de Norvento, durante a cal concretaron os detalles do proxecto, que afecta a 106 parcelas en Brión e que inclúe a instalación de oito xeradores, catro dos cales se asentarán no concello brionés.

O alcalde expresou a boa disposición da empresa para negociar cos propietarios dos terreos e anunciou ademais que nos próximos días convocará unha reunión cos veciños para tentar chegar a acordos amigables que eviten ter que recorrer á expropiación, feito que alargaría no tempo o proceso de execución do parque.

«Nas conversas que tivemos como Concello chegamos a un acordo e nos próximos días convocaremos unha xuntanza cos veciños para ver se tamén podar acadar un acordo sobre as súas fi ncas», manifestou o alcalde, quen ofreceu a máxima colaboración para fi jar a cita cos veciños e mesmo non descartou a posibilidade de celebrar varias reunións ao tratarse dun elevado número de afectados o proxecto.

Ao oito da tarde, poucas horas despois do anuncio e de maneira alternativa á cita veciñal proposta polo Concello, tivo lugar unha reunión entre os propietarios dos terreos do monte Oleirón, onde proximamente construirase tamén un parque eólico. Unha vez dado a coñecer pola Xunta o inicio da tramitación do expediente, Carlos Tomei, un dos representantes dos propietarios e portavoz do PP municipal, creu conveniente convocar un encontro cos afectados para explicar as novidades sobre o procedemento, resolver as dúbidas e xa de paso acabar de identifi car varias fi ncas. Tomei informou ademais aos veciños de que nos próximos días celebrarase unha reunión a nivel ofi cial á que asistirá un representante de Norvento, que tamén xestiona o proxecto en Oleirón e o Concello de Brión.

TEO

Informe negativo en monte Piquiño

O Concello de Teo presentou recentemente un informe negativo á solicitude de autorización administrativa para a creación dun parque eólico no monte Piquiño. O Concello, que asesorará aos veciños afectados, considera que o proxecto só busca satisfacer os intereses económicos da empresa e que non reporta ningún beneficio ao interese privado ou colectivo do municipio ao non verse realmente compensados os danos causados. O Concello fundamenta a súa negativa nas carencias que presenta o informe respecto de datos sobre impacto ambiental e no feito de que o parque invade áreas consideradas como patrimonio arqueolóxico pola comunidade autónoma e que ademais están recollidas dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion