versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os VII Encontros coa Arte de Brión renden homenaxe ao gran Castelao

[05/06/2012]

Os artistas foron á vila do escritor para facerlle unha ofrenda floral. Unha trintena de artistas participaron o pasado fin de semana nos VII Encontros coa Arte de Brión, que este ano homenaxearon a Castelao. Por tal motivo, o sábado 2 de xuño trasladáronse a Rianxo para facer unha ofrenda floral ante o busto de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A delegación de artistas estivo encabezada polo alcalde brionés, Xosé Luís García; a edil de Cultura, Patricia Vázquez, e o comisario dos Encontros coa Arte, o pintor Xosé Vázquez Castro. Tras unha recepción na casa consistorial, o alcalde rianxeiro, Adolfo Muiños, acompañou á expedición durante unha visita turístico-cultural pola vila natal de político e escritor.

O día anterior, coa apertura destes Encontros inaugurouse na casa da cultura de Brión unha exposición coas obras que se pintaron o ano pasado, dedicado a Luís Seoane. No acto actuaron María Manuela e Xurxo Varela e houbo un recital de poesía a cargo de Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Lanuxe e Pablo Bouza.

Por último, o domingo clausuráronse estes Encontros coa Arte. Os artistas participantes (Alba Roqueta, Alfonso Costa, Beatriz Ansede, Carmen Hermo, Chelo Rodríguez, David Crooks, Enrique Ochotorena, e así até 31...) pintaron ao aire libre, e interactuando cos veciños nalgúns caos, a contorna do río Pego. Ademais, como nas xornadas anteriores, na Sala de Exposicións da Cada dá Cultura de Brión, os veciños e visitantes tiñan un Mercado da Arte .
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion