versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión celebra en xuño un rastriño de compravenda de cousas e obxectos de segunda man

[22/05/2012]

Os amantes dos artigos de segunda man, ou en calquera caso, as persoas e familias que nesta época de crise non poden manter a súa poder adquisitivo e queren volver á vella e máis popular fórmula do trueque, teñen unha oportunidade o próximo mes de xullo de realizar consumos máis responsables no rastriño de cousas usadas organizado polo Concello de Brión.

O rastriño de compra-venda de todo tipo de obxectos usados e de segunda man, celebrarase o domingo 17 de xuño. Un mercadillo, segundo explican os responsables municipais, aberto á participación libre e gratuíta de todos os veciños de Brión que se celebrará na carballeira de Santa Minia, ou que en caso de choiva podería ser trasladado ao pavillón municipal de Pedrouzos.

Este rastriño é a primeira iniciativa deste tipo que organiza o Concello de Brión baixo a premisa de "se un veciño ten cousas na casa e non sabe que facer con elas, pois pode vendelas ou agasallalas neste rastriño de primavera". A pesar de que a participación é totalmente gratuíta e aberta a todos os veciños de Brión e da comarca, o Concello advirte que será preciso reservar praza para participar antes do 31 de maio na casa de cultura ou a través do teléfono 981 50 99 08, por cuestións operacionales.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion