versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Intercambio de libros, música e cine centran os actos das Letras Galegas

[13/05/2012]

Asociacións e concellos comparten a organización dos programas culturais institucionales a prol da lingua. A inminente celebración do Día das Letras Galegas fai que as axendas culturais do entorno de Santiago estean cheas de actividades en defensa da lingua galega ou tamén a prol da lectura en calquera idioma ou soportes.

O Concello cunha programación máis novidosa é o de Brión, que mañá mesmo fará unha solta de libros, coincidindo na data coa súa Feira do Libro, que chega á súa edición número vintedous e que inclúe actividades ata fin de mes.

E para aqueles lectores que non queiran ir detrás dos libros, teñen a posibilidade de participar nun banco de libros, organizado pola biblioteca como un intercambio para compartir con outros veciños os textos que máis lle gustasen. O único que teñen que facer é pasarse pola biblioteca brionesa e apuntarse.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion