versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Ames di que as emerxencias están cubertas co 112

[06/05/2012]

Brión asume que a retirada da atención metropolitana non foi «agradable pero non había máis remedio». A decisión do Concello de Brión de limitar ao seu propio municipio "ante a falta de apoio económico da Xunta" a atención do servizo de emerxencias que até agora funcionaba con carácter comarcal deixou nunha situación delicada ao veciño municipio de Ames, cuxas necesidades se cubrían co operativo brionés. De feito, o 90 % das saídas de Emerxencias de Brión (Sebri) era para atender a demanda amiense, apunta o alcalde do primeiro concello, o socialista Xosé Luís García, quen expón que despois de varios meses asumindo en solitario a fi nanciación da atención metropolitana o seu municipio xa non pode máis. E di que se trata mesmo dunha cuestión de xustiza cos veciños de Brión.

«Non foi unha decisión agradable e sentímolo, pero non quedaba máis remedio que tomala», afirma o rexedor brionés, que está pendente da resolución da nova convocatoria da Xunta para estas axudas. E cando se lle conceda ?se é o caso?, e non antes, o servizo volvería prestarse para toda a zona que viña atendendo até agora e que alcanzaba a Ames, Teo e Rois esencialmente. Pero tamén con data de caducidade: até onde alcance o apoio autonómico, e o Goberno galego xa advertiu, apunta, que esas axudas desaparecerán coa conclusión deste exercicio.

En Ames, o seu goberno non deixaba de manifestar onte a súa sorpresa por unha decisión que xa se fixo efectiva e da que se decataba «polos medios de comunicación», porque «non houbo comunicación directa», aínda que García afi rma que o comunicou á Xunta. No entanto, desde a alcaldía asegúrase que as necesidades están cubertas porque son xestionadas polo servizo de emerxencias 112 e a Lei de Emerxencias de Galicia, afi rman fontes próximas ao mandatario amiense. No entanto, este municipio, que ao superar os 20.000 habitantes ten a obrigación legal de dispor de bombeiros ou de servizos de emerxencia, dos que agora mesmo carece, «analizará a situación coas partes implicadas » e co 112 «para ver como vai quedar a situación», co obxectivo de «buscar a mellor solución».

Un paso atrás

O rexedor de Brión asegura que había unha iniciativa «que estaba practicamente decidido» para mancomunar os servizos de protección con Ames, pero que o novo executivo amiense non deu resposta ao exporlla despois de asumir o goberno. «Este goberno non quixo mancomunar», afi rma García, quen entende que máis aló do debate das fusións, a concentración de servizos é a forma máis directa e inmediata para aforrar. E unha situación como a actual supón «un paso atrás na forma de aforrar».

A falta de apoio da Xunta reducirá a 4 o operativo de 16 persoas que funcionaba até agora para Brión e a súa contorna. Con ese equipo e Protección Civil, Brión di que queda garantida a cobertura para a súa concello as 24 horas do día e que ante unha «traxedia» fóra do seu municipio «estamos aí», asegura García, pero o que non prestará xa máis aló do seu ámbito son os servizos ordinarios que se atendían até agora.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion