versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Emerxencias de Brión prestará servizo só no municipio

[05/05/2012]

A decisión obedece á falta de axudas para manter o persoal e deixa a Ames sen apenas cobertura. Emerxencias de Brión (Sebri) deixou onte de funcionar como un servizo de emerxencias da área metropolitana despois de que o rexedor local, Xosé Luís García, explicase que «ou Concello de Brión leva xa varios meses financiando e aguantando en solitario este servizo nas condicións actuais, pero a Xunta desentendeuse totalmente e non fi xo caso ningún aos distintos requerimentos que lle fixemos».

Esta medida tradúcese en que das 16 persoas que formaban parte do operativo, e cuxa contratación corría en gran medida de fondos achegados pola Xunta a través de diferentes plans, quedarán en catro, financiados polo Concello para atender os servizos que demanden os seus veciños.

Segundo os datos do Concello, durante os anos 2010 e 2011 as arcas locais asumiron un custo de cen mil euros por exercicio.

Co novo sistema, o servizo de emerxencias estará a cargo de catro profesionais en persoal agrupados por parellas e traballando de 8 a 15 horas e de 15 a 22 horas de luns a venres. A cobertura quedará garantida en Brión con voluntarios de Protección Civil durante o resto da xornada e os fins de semana.

Esta medida afecta especialmente a Ames, que carece de efectivos propios de Protección Civil, polo que adoitaba utilizar os do Sebri. Este Concello, que no mandato anterior chegou a expor con Brión a fusión dos seus servizos de Emerxencias e Policía Local, ten a obrigación legal de dispor de de bombeiros ou de servizos emerxencias ao superar o vinte mil habitantes censados.

O conflito co parque comarcal de bombeiros e a parálise do parque alternativo de Ames provocan que este municipio quede desatendido.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion