versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A excelente tempada do Bastavales tivo premio co ansiado ascenso á 1.ª xuvenil

[02/05/2012]

O excelente facer do Bastavales na Segunda xuvenil grupo 5 tivo a recompensa esperada e despois de varios anos nesa categoría conseguiu o ansiado ascenso a Primeira. E é que os números presentados polo equipo que dirixe Raúl Bralo non teñen desperdicio até o punto que a falta de dúas xornadas para o remate da competición lograba cantar o desexado alirón.

O Bastavales, cando resta unha xornada para o final, disputou 23 partidos, saíu gañador en 17 deles, empatou en 4 ocasións e perdeu dúas veces, curiosamente ante o mesmo rival, o Val do Ulla. Contabiliza un total de 78 goles ao seu favor e encaixou, por contra, 37 tantos e avantaxa ao San Mamed, que xa finalizou e é segundo, en cinco puntos e á Escravitude, terceiro na táboa, en once.

Julián, Iago, Pablito, Dani Bouzas, Brais, Esteban, David, Mario, Álex Tobío, Álex Conde, Álvaro, Diego, Cibrán, Gabriel, Antón, Dani Labandeira, Néstor, Rubén e Sergio, son os culpables de éxito. Son os protagonistas dun éxito moi desexado.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion