versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

300 ciclistas participaron na marcha Os Esfola Arrós

[24/04/2012]

Un total de 300 ciclistas chegados de toda Galicia participaron na terceira edición da marcha cicloturística en bicicleta de montaña Os Esfola Arrós organizada por este club compostelán en colaboración co Concello de Brión. Trescentos bikers que desafiaron á choiva, ao frío e ao barro para gozar dun bo día de ciclismo de montaña.

A pesar de todas a inclemencia meteorolóxicas os primeiros participantes non tardaron máis de dúas horas e media en percorrer os 40 quilómetros dunha ruta polos montes de Brión. Decenas de colaboradores, ademais de membros de Protección Civil e da Policía Local, velaron pola seguridade dos asistentes e a pesar de que o percorrido estaba bastante perigoso, tan só rexistrouse unha caída que precisou de asistencia médica, tratándose dun membro do propio club organizador Os Esfola Arrós, tras un forte golpe nun brazo.

A proba rematou cunha comida de confraternidade no pavillón de Pedrouzos.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion