versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

As garderías teñen 182 prazas libres para o próximo curso

[24/04/2012]

O Concello de Teo pechou de forma provisional segundo prazo de reserva. Os concellos da área metropolitana están a tramitar as reservas de praza para as súas escolas infantís. E nestes momentos, segundo os datos facilitados polos concellos, soamente hai 182 prazas libres. Neste cómputo están rexistrados os centros educativos de Ames (un en Bertamiráns e outro en Milladoiro), así como as escolas de Oroso e Brión, xa que Teo pechou a semana pasada de forma provisional a asignación das 65 vacantes que quedaban.

Este número supón que máis da metade das prazas reais dos centros xa quedaron cubertas con renovacións de alumnos. A escola infantil municipal con máis vacantes é a de Bertamiráns, que ofrece 16 prazas para nenos de entre tres e doce meses, fronte ás 25 de segundo curso e as 18 do terceiro. Isto supón 59 reservas en liza. Séguelle a escola municipal de Milladoiro, con 47 prazas, das que cinco son para primeiro curso, doce para o segundo e trinta para o último ano, o que arroxa unha resultante de 47 vacantes.

No caso teense, o punto de partida eran 65 prazas, das que 19 correspondían á escola infantil de Calo. A elas hai que unir 37 da escola infantil da Ramallosa e soamente nove en Vos Tilos. Todas están asignadas de forma provisional e con 140 nenos en lista de espera.

En canto a Oroso, as prazas que quedan sen cubrir son 36, das que sete son a xornada completa para bebés de entre tres e doce meses. Para o curso de alumnado de entre un e dous anos hai catro vacantes a tempo completo e dúas de tarde. E no caso do terceiro curso hai 16 vacantes para xornada completa e sete para horario vespertino.

Para o curso que arrinca en setembro deste ano hai 48 nenos que renovaron praza en Brión, o que deixou 40 libres. Á hora de repartilas, o Concello non ten feito o cálculo xa que, explican, en primeira instancia as prazas de renovación son todas para xornada completa e dependendo das idades dos solicitantes tentan adaptar as aulas.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion