versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O cartón social do bus comarcal empezará a funcionar nun mes

[21/04/2012]

Os concellos da comarca achegarán case 200.000 € para a posta en marcha dos abonos. Os maiores de 65 anos deberán pagar 0,39 euros por viaxe. Os novos cartóns sociais do Transporte Metropolitano de Santiago poranse en marcha, segundo as previsións da Dirección Xeral de Mobilidade, "a partires do mes de maio". Na actualidade, e de acordo con este departamento autonómico, catro do dez concellos integrados no plan do bus comarcal, xa comezaron a emitir os primeiros cartóns sociais, que establecen un prezo de 0,39 €. Así, as primeiras altas deste tipo de servizo xa se deron a veciños de Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Mentres tanto, desde Mobilidade trabállase na adaptación das canceladoras ás novas tarifas que comprenden os cartóns sociais do Transporte Metropolitano de Santiago. O resto dos municipios, "iranse incorporando ao sistema de xeito paulatino nos vindeiros meses", xa que, entre outros requisitos, as condicións para solicitar os cartóns sociais do bus comarcal deberán aprobarse en pleno.

A posta en marcha deste tipo de bonificacións -extensibles a maiores de 65 anos, persoas con minusvalía, parados de longa duración e, de carácter excepcional, veciños en risco de exclusión social- implican unha achega global de case 200.000 euros por parte das administracións locais implicadas. Nunha das últimas comisións de seguimento -Santiago con data de 11 de abril- formalizouse unha listaxe no que os concellos da área metropolitana especificaron as achegas orzamentarias previstas para este fin. O Concello de Ames é o que, con diferenza, prevé un maior investimento, chegando até os 160.437,60 € para despois baixar até os 14.987 euros previstos polo executivo local de Teo.

No caso de Brión, destinaranse 6.240 € á posta en marcha do cartón social, mentres que en Oroso a cifra redúcese até os 3.848 €. No caso de Vedra, reservarase unha partida de 2.500 euros e en Trazo, 2.000. Na barreira dos 1.000 € atópase o Concello do Pino, e por baixo desta cantidade, Val do Dubra e Touro, que achegarán 936 €, respectivamente. Finalmente, atópase Boqueixón, que contempla unha partida de 800 euros, aínda que o alcalde, o popular Adolfo Gacio, indicou que seguramente se aumentaría esta cantidade. Segundo puido saber este diario, as achegas municipais supoñen ao redor de 30 por cento do pago até a data.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion