versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno brionés pide á Deputación que acondicione as Torres de Altamira

[19/04/2012]

A corporación municipal de Brión aprobou onte por unanimidade unha moción presentada polo Partido Popular que reclamaba o acondicionamento da contorna das Torres de Altamira. A proposta dos populares foi aceptada polo goberno local (PSOE) tras a inclusión na mesma dunha petición para dar traslado do acordo á Deputación Provincial, xa que este espazo histórico do municipio é propiedade deste organismo, que é o que debe fi nanciar calquera traballo e velar polo bo estado do conxunto, cuxas primeiras construcións datan do século IX.

No pleno, todos os grupos destacaron a importancia histórica, cultural e turística das Torres de Altamira, un espazo do que desapareceron os sinais identifi cativas. O rexedor brionés, Xosé Luís García, destacou que é a única propiedade histórica da Deputación no sur da provincia e lembrou que o organismo se encarga antes do inicio de cada verán de acondicionar o acceso á zona para permitir a afluencia de visitantes.

Superávit contable do 2011
Xunto a esta petición, o pleno aprobou, tamén por unanimidade, a desafectación dun terreo e os concelleiros recibiron información sobre a liquidez do Concello a 31 de decembro do ano pasado, que arroxa unha resultante positiva de 21.198 euros. Entre os asuntos económicos analizados destacou o informe de avaliación anual sobre o cumprimento do plan económico do Concello brionés, un expediente con resultado positivo que se fará chegar ao Ministerio de Administracións Públicas.

Pola súa banda, o BNG expuxo unha moción en contra da reforma laboral, unha proposta que saíu adiante co voto a favor do PSOE e a negativa do PP. Coa mesma resultante saldouse outra iniciativa nacionalista sobre o servizo de axuda no fogar, cun recorte de fondos autonómicos de case doce millóns de euros, o que no caso brionés supuxo pasar dunha axuda de 16.800 euros no ano 2010 a ningunha achega no 2011.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion