versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os brioneses xa poden adquirir o bono social do transporte metropolitano

[17/04/2012]

Reduce nun 50% o prezo do billete a pensionistas, parados e discapacitados. O Concello de Brión abriu o prazo para que os cidadáns que cumpran os requisitos póidanse beneficiar do bono social para o transporte metropolitano. A chamada Tarxeta Social Metropolitana, dirixida a pensionistas maiores de 65 anos, parados e discapacitados, pode solicitarse até o próximo día uno de maio nas instalacións do centro social polivalente de Pedrouzos, segundo informou o Concello.

Este bono, aprobado por todos os concellos que participan no plan de transporte, permite reducir un 50 por cento o prezo do billete. É dicir, que se ir de Brión a Santiago custa agora 0,78 euros, co cartón social o prezo será de 0,39 euros.

Do mesmo xeito que no chamado Cartón Metropolitano, o bono permite trasladarse desde calquera parada de autobús do municipio até Santiago e facer un transbordo nos 60 minutos seguintes sen custo adicional. Tal e como acordaron os concellos, o desconto aplicarase a un máximo de 20 viaxes mensuais. A súa posta en marcha pon fin ao actual programa municipal de transporte.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion