versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión tramita as primeiras tarxetas do bonobús social

[17/04/2012]

O billete para maiores e parados custará 39 céntimos de euro e os beneficiarvos terán vinte ao mes. O Concello de Brión mantén aberto desde onte o prazo de solicitude do cartón social metropolitana para os colectivos de persoas da terceira idade, desempregados e veciños con discapacidade recoñecida, que poderán dispor dunha vintena de viaxes ao mes na rede de transporte metropolitano cun 50 % do prezo actual do billete, o que deixa o custo en 39 céntimos, con posibilidade de transbordo gratuíto co bus urbano de Santiago.

As persoas interesadas en solicitar este abono deben acudir ao centro social polivalente, un trámite que onte xa cumpriron sete veciños, un número que se multiplicará nos próximos días.

De feito, está previsto que esta mesma semana a Dirección Xeral de Mobilidade habilite a ferramenta técnica para que todos os concellos que xa aprobaron a ordenanza: Teo, Brión, Boqueixón, Vedra e Val do Dubra, O Pino, Trazo e Touro poidan tramitar os expedientes dos veciños, xa que a partir do 1 de maio as empresas transportistas adscritas á rede metropolitana de Santiago xa non aceptarán os bonobuses gratuítos que funcionaban até agora.

Acreditación documental

Para obter o desconto, os maiores de 65 anos deberán acreditar que non exercen actividade laboral algunha e as persoas con discapacidade terán que presentar un certifi cado de minusvalía de polo menos o 65 %. Para estes dous colectivos, segundo estipula a ordenanza, as axudas están dirixidas a persoas con ingresos inferiores a 798,76 euros ao mes.

En canto aos desempregados, deberán carecer de recursos económicos propios, terán que estar anotados como demandantes de emprego desde hai un ano e traballar, como mínimo, durante doce meses no últimos cinco anos.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion