versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación estuda o alcance dos danos nas Torres de Altamira

[12/04/2012]

A Deputación coruñesa, dona das Torres de Altamira, en Brión, está xa realizando un estudo do alcance dos danos provocados polos vándalos na antiga fortaleza. A intención é repor as placas informativas que relataban a historia do complexo arquitectónico -do que se ten constancia desde o século IX- que os vándalos levaron por diante hai unhas semanas.

Ademais, sobre os restos arqueolóxicos tamén apareceron unha serie de pintadas con xiz que sinalan zonas aínda sen escavar e mesmo erros na reconstrución que levou na única torre que permanece en pé do seis que chegou a ter o castelo, arrasado polos irmandiños, volto construír e fi nalmente vendido a un rico campesiño, que utilizou a pedra para diversas obras de carácter civil e relixioso, do mesmo xeito que fixo o arcebispado unha vez as torres pasaron a ser da súa propiedade.

Pola súa banda, o goberno brionés solicitou á Policía Local que intensifi que a vixilancia na zona despois dos actos vandálicos, posto que aínda que o Concello non ten competencia sobre os restos, si quere protexelos o máis posible, tal e como confirmou o alcalde, Xosé Luís García.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion