versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Deputación anticipa a súa axuda económica para o Grumir

[11/04/2012]

O pleno provincial aprobou 720.000 euros para dezaseis brigadas. A Deputación da Coruña adiantará a achega económica coa que contribúe ao mantemento do dezaseis Grupos Municipais de Intervención Rápida (Grumir) que prestan servizo noutros tantos concellos da provincia. A corporación provincial aprobou na sesión plenaria de onte os correspondentes convenios de colaboración, que se materializarán na repartición de 720.000 euros entre os concellos de Arzúa, Ordes, Santa Comba, Brión, Boqueixón, Arteixo, Betanzos, Boiro, Carballo, Cee, Miño, Noia, Ortigueira, As Pontes, Ribeira e Vimianzo.

Dun total de 45.000 euros disporá cada un dos concellos para sufragar gastos de persoal e de material que xeran esas brigadas de emerxencia, para as que a Deputación coruñesa decidiu avanzar a fi nanciación ?en anos anteriores, os convenios se fi rmaron coincidindo co inicio do verán? ante o incremento no número de intervencións debido á seca. Dese modo explícano desde o organismo provincial, que autorizará, así, como medida excepcional que a achega económica que anticipará para o Grumir poida destinarse a sufragar gastos que os concellos efectuasen desde principios de ano.

Aínda que a contía da subvención provincial non variou respecto ao 2011, servirá para dar un respiro económico ás arcas municipais, tendo en conta que a Consellería do Medio Rural aínda está pendente de abonar para o mantemento do Grumir a contía correspondente ao pasado exercicio. Segundo puido saber este xornal, o departamento autonómico comprometeuse, aínda que non por escrito, a facer fronte a ese pago ?25.000 euros por concello?, pero non así a seguir prestando, polo menos este ano, o financiamento.

Esa circunstancia mantén as dúbidas que desde hai anos planean sobre, se non a continuidade, polo menos a actual distribución das brigadas municipais de emerxencia, que se fi - nancian con fondos das Deputacións e da Xunta. Desde a Administración autonómica, a Consellería de Presidencia si garante a contía económica que achega para o mantemento do Grumir, un servizo que só na provincia da Coruña dá emprego a 224 persoas. Cada unha das brigadas está integrada por un grupo estable de tres capataces, aos que se suman doce efectivos máis.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion