versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Oroso, Brión e Boqueixón evitan os créditos de pago a provedores

[11/04/2012]

O superávit de caixa do 2011 permítelles abonar as facturas pendentes. Os concellos de Brión, Oroso e Brión son a únicos da área metropolitana de Santiago que decidiron non acollerse á liña de crédito habilitada polo Ministerio de Facenda para que as administracións locais fagan fronte ao pago de facturas a provedores.

O primeiro concello en anunciar que non necesitaba recorrer a esta liña de crédito é o de Boqueixón, que na última sesión plenaria aprobou un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito para abonar facturas que quedaron fóra dos orzamentos do ano pasado. Ademais, este concello pechou o exercicio económico do 2011 cun superávit contable de máis de 160.000 euros.

En canto a Oroso, o seu rexedor, Manuel Mirás, confirmou que «non imos acudir ao plan porque temos ou marcador a cero». Con todo, o alcalde inclúe o matiz de que Oroso está pendente do pago dunha factura a Fenosa, cuxo importe non desvela, pero considera que o Concello ten por que pagala, xa que a Administración local sacou a concurso a xestión do servizo eléctrico e Unión Fenosa foi a concesionaria cunhas condicións económicas que non aplicou nesta factura, polo que o Concello entende que é errónea.

No caso brionés, o Concello recoñece que ten pendentes de pago un total de 335 facturas anteriores ao 1 de xaneiro deste ano e que o seu importe ascende a 176.000 euros, pero o rexedor, Xosé Luís García, confi rma que Brión non recorrerá a esta proposta económica xa que, ao dispor de liquidez contable, afrontará o abono desta cantidade co remanente positivo de tesouraría.

A débeda do resto de concellos supera os 4,3 millóns de euros

Fronte á situación de Oroso, Boqueixón, Brión, os municipios de Ames, Teo, Val do Dubra e Vedra recorreron á liña de crédito habilitada polo Estado cuxa concesión está vinculada ao visto e prace dos seus respectivos plans de axuste económico a dez anos vista.

O Concello con maior débeda é o de Ames, con 2,2 millóns de euros. Por cifras e poboación séguelle Teo, con 1,2 millóns de facturas pendentes. E en ambos os casos, o importe do remanente de tesouraría é negativo.

En terceiro lugar sitúase Val do Dubra cunha débeda recoñecida de 580.000 euros, unha cantidade especialmente elevada xa que supón unha repartición de máis de mil euros por habitante, o que supón a porcentaxe máis elevada da comarca.

Vedra, pola súa banda, recoñece 280.000 euros, pero o seu alcalde, Carlos Martínez, anuncia que este mes descontará 40.000 euros dese montante.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion