versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aforrará un 8% no gasto de gasóleo por un contrato con Feiraco

[06/04/2012]

A Sociedade fornecerá o combustible para os vehículos e edificios públicos durante un ano. O Concello de Brión asinou un acordo con Feiraco para que esta Sociedade Cooperativa forneza durante un ano o gasóleo A que necesitan os vehículos e maquinarias municipais, e o gasóleo C que consuma a calefacción dos centros públicos do municipio, como o centro de saúde, a biblioteca, a Casa de Cultura, a escola de música ou o centro social polivalente.

O acordo "permitiralle aforrar ao Concello un 8,2 por cento sobre o prezo de venda ao público deste combustible, tributos incluídos", explican fontes da Casa Consistorial.

Brión facturou en 2011 algo máis de 68.000 euros por este concepto. Coa firma deste contrato, con todo, "asegurámonos un aforro de máis de 5.600 euros por ano, cifra que seguramente será maior en 2012 se temos en conta as significativas e reiteradas subidas do prezo do combustible nos últimos meses", din no Concello.

Feiraco Sociedade Cooperativa resultou adxudicataria do concurso aberto polo Concello de Brión ao ser a empresa que presentou o prezo máis baixo, tal e como esixían as bases do concurso. O contrato terá unha duración dun ano, prorrogable por doce meses máis sempre que haxa acordo mutuo e expreso entre ambas as partes.

O prezo da subministración de combustible fixarase en cada momento aplicándolle ese desconto do 8,2% no momento de petición do servizo. E será o Concello quen fixe esas datas. Feiraco terá entón 48 horas de prazo para facer a entrega.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion