versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba as tarifas de bus para os xubilados

[24/03/2012]

Os maiores de 65 anos pagarán por vez primeira o transporte metropolitano cunha subvención do 50 %. A corporación brionesa aprobou onte por unanimidade a ordenanza que regulará as axudas de colectivos como as persoas xubiladas, desempregados e discapacitados para a fi nanciación parcial do billete do transporte metropolitano.

Brión é o primeiro concello da contorna compostelá en ratifi car un documento que deberán referendar os municipios de Ames, Boqueixón, Teo, Vedra, Val do Dubra, Oroso, O Pino, Touro e Trazo, xa que todos eles están adheridos ao plan comarcal de transporte.

A nova ordenanza implicará que por vez primeira os xubilados paguen polo transporte, xa que até a data era un servizo gratuíto e sen que importasen os niveis de renda das persoas xubiladas.

O número máximo de billetes con desconto será de vinte por persoa e o prezo medio é de 39 céntimos, o 50% da tarifa fi jada para os titulares do cartón metropolitano, de cor laranxa e en vigor desde marzo do ano pasado.

A partir do billete número 21, os colectivos recolleitos nesta ordenanza terán que abonar os 78 céntimos de euro que paga o resto de viaxeiros con cartón. O acordo foi tomado por unanimidade e sen apenas debate político.

Entre estes asuntos destacou a aprobación dunha nova ordenanza de funcionamento da escola infantil municipal, na que tamén entrarán en vigor novas taxas, tal e como xa adiantou a Xunta semanas atrás.

O novo marco de funcionamento do centro educativo brionés e o sistema tarifario, con incrementos de até un máximo 16 %, tamén foi aprobado sen debate algún.

A sesión serviu tamén para que todos os grupos (PSOE, Partido Popular e BNG) tomasen coñecemento de fallo xudicial que anula o polígono industrial de Pérros.
 


Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion