versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unanimidade en Brión para pagar a provedores sen acudir ao crédito ICO

[24/03/2012]

O pleno dá luz verde ao regulamento das axudas ao transporte metropolitano. A unanimidade dos grupos caracterizou onte o pleno extraordinario de Brión, que apoiou sen fisuras o pago das 335 facturas pendentes a provedores sen necesidade de acollerse ao crédito do ICO.

Por unanimidade aprobáronse, tamén, os dous puntos centrais da sesión, o regulamento do programa de axudas ao transporte metropolitano e a taxa reguladora polo uso dos servizos da escola infantil municipal.

O secretario municipal foi o encargado de dar conta do certificado remitido ao Ministerio de Facenda no que Brión informa de facturas pendentes por importe de 176.000 euros, que serán abonadas con cargo ao remanente de tesouraría.

En canto ao programa de axudas para o transporte, o alcalde, Xosé Luís García, informou que entrará en vigor o día 1 de maio e suporá a posta en marcha dun cartón social que terá as mesmas nos 10 concellos que gozan do servizo.

Finalmente, o secretario municipal tamén deu conta da sentenza do Tribunal Supremo, de febreiro deste ano, que anula o acordo plenario polo que se aprobou de forma definitiva o plan parcial do Monte Pérros.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion