versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión abre o seu programa anual de sendeirismo coa estrea da renovadaruta do Tambre

[27/03/2012]

O Concello de Brión abríu o sábado o seu programa anual de rutas de sendeirismo estreando un novo roteiro polo municipio, a ruta do Tambre, que vén de ser sinalizado durante este inverno por un grupo de veciños desta parroquia de Ons.

A ruta do Tambre discorre polas parroquias de Ons e Viceso. Trátase dun percorrido circular con comezo e remate nas instalacións de piragüismo da Ponte Insua (Ons), de onde partiu a expedición o pasado sábado. O primeiro treito, duns tres quilómetros, discorre abeirando o encoro Barrié de la Maza polo medio dunha fronda fraga de arboreda autóctona. O camiño vai ata as veigas e os núcleos de poboación de Salaño Grande, Salaño Pequeno, Fonte Paredes, A Igrexa e Ons de Abaixo, para retornar ao monte e rematar onda o río. Ademáis, ao longo do traxecto pola beira do Tambre, o camiñante atoparase con tres antigas pesqueiras: Pazos, A Pedreira e O Pouso, todas elas sinalizadas.

Neste inverno, veciños de Ons e Viceso, en colaboración co Concello, instalaron rótulos indicando os nomes tradicionais das paraxes por onde pasa. A maior parte deses nomes indican a realidade xeográfica do lugar. “O Gandarón equivale á gándara ou terreo baixo e improductivo; o Pouso é un rechán para repousar despois dunha costa moi pina; Coto é un outeiro prominente, que non se ha de confundir co coto castelán como de caza; Bouciña é un terreo inculto cuberto de mato...”, explicou o extesoureiro do Concello e veciño de Brión e veciño Luciano Pena.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion