versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión estrea este sábado unha ruta sinalizada de sendeirismo: a do Tambre

[20/03/2012]

O itinerario discorre polas parroquias de Ons e Vicedo e ten catorce quilómetros. O Concello de Brión abrirá o vindeiro sábado día 24 o seu programa anual de rutas de sendeirismo, inaugurando unha nova e sinalizada: a ruta do Tambre. Cun catorce quilómetros de lonxitude e con dificultade media/baixa, a senda discorre polas parroquias de Ons e Viceso.

Ao longo do seu percorrido, os veciños, en colaboración co Concello, instalaron rótulos cos nomes tradicionais das paraxes que atravesa a citada ruta do Tambre.

Trátase dun percorrido circular que comeza e finaliza nas instalacións de piragüismo de Ponche Insua (Ons), desde onde partirá a expedición prevista para o sábado, ás 16.30 horas. O primeiro treito, duns 3 quilómetros, discorre pola marxe do encoro Barrié da Maza, polo medio dunha frondosa fraga de arboleda autóctona.

As persoas que queiran participar no percorrido do sábado deberán anotarse na casa de cultura de Brión ou chamando ao teléfono 981 509908.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion