versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Máis da metade dos ingresos de Brión proceden de impostos e taxas

[15/03/2012]

O orzamento de 2012 entra en vigor e contempla un gasto de 658 € por habitante. O orzamento do Concello de Brión para este ano quedou onte definitivamente aprobados tras estar expostos durante un mes sen que se presentasen alegacións e fosen publicados no Boletin Oficial da Provincia. Así Brión contará este ano con 4.970.671 euros, unhas contas que no apartado de ingresos susténtanse cos máis de 2,5 millóns que o Concello recada en materia de impostos e taxas; outros dous millóns de transferencias correntes e algo máis de tres mil euros de ingresos patrimoniais.

Con respecto ao ano pasado, o orzamento co que contará Brión redúcese en tan só 3.183 euros e logra manter un cociente de investimento por habitante algo superior aos 658 €.

No capítulo de gastos a partida máis importante, de máis de 1,9 millóns de euros, destínase a gastos de persoal, aínda que este gasto experimenta unha redución do 1 por cento con respecto a 2011 grazas á nova Relación de Postos de Traballo (RTP) aprobada pola Corporación.

Pola contra a partida de gastos correntes crece un 1% e alcanza o 38 por cento do total do orzamento, un incremento que o goberno do socialista Xosé Luís García justifica pola necesidade "de manter ou nivel de servizos que se prestan aos veciños".

En materia de contención do gasto, as contas de Brión non contemplan obras novas e dedica o 60% do investimento ao mantemento de estradas e beirarrúas, mentres que o outro 40% destínase a manter os servizos municipais existentes como son as escolas e os centros educativos e sociais.

MENOS DÉBEDA

O orzamento de Brión para este ano permitirá unha redución da débeda en máis de 300.000 euros, co que a porcentaxe de endebedamento do Concello quedará a final de ano no 30,83 por cento, un dos máis baixos de Galicia, segundo informan fontes municipais. Este descenso supuxo unha baixa próxima ao 6% con respecto ao que se situaba a débeda en 2011, ano na que se logrou reducir noutros 400.000 euros. Así, en dous anos, Brión, en endebedamento, pasou do 43% ao 30,83% que se espera alcanzar ao finalizar este exercicio, o que supón un descenso a nivel porcentual de trece puntos.
 


Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion