Nova guía on-line dos negocios e servizos de Brión
[06/03/2012]
O Concello de Brión está a traballar na creación dunha guía on-line de empresas, comercios e servizos do municipio.
Esta nova publicación "permitirá actualizar a editada en 2009 e seguir apoiando o desenvolvemento económico local", explica o alcalde, Xosé Luís García.
Todos os empresarios que queiran participar só teñen que dirixirse á Casa de Cultura ou chamar ao 981 509 908. A participación é gratuíta.
Enlace a El Correo Gallego