versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O patrimonio de Brión increméntase un 7,5% coa nova piscina e o parque

[24/02/2012]


Un crecemento impulsado, basicamente, polas novas infraestruturas realizadas, como a piscina climatizada de Pedrouzos ou o parque municipal tamén asentado neste núcleo, actuacións que concentran máis do 60% da mellora patrimonial.

Tras dar a coñecer o inventario, o rexedor, o socialista Xosé Luís García, mostrou a súa satisfacción porque ?non paramos de medrar e todo co fin de lograr un máis elevado nivel de vida para vos nosos veciños e veciñas e facer de Brión un concello agradable, pacífico e atractivo?. De feito, segundo explicou, este incremento do patrimonio tradúcese tamén nunha subida do 1,03% do gasto corrente para o mantemento de bens e servizos nos orzamentos municipais para 2012.

A maior incorporación ao patrimonio brionés durante 2011 foron as instalacións da piscina municipal de Pedrouzos, unha infraestrutura que supuxo un investimento de 1,12 millóns de euros, financiados pola Deputación e o Concello. A outra gran incorporación foi o parque municipal de Pedrouzos, unha gran área de lecer para goce dos brioneses.

Ademais destas dúas grandes infraestruturas, o inventario municipal destaca tamén o acondicionamento da nova biblioteca municipal, a iluminación pública de Monte Balado e do paseo do río Pego e as melloras no saneamento de varios núcleos como outras actuacións que tamén contribuíron a mellorar o nivel de vida neste municipio da área compostelá.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion