versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A marca de conservas Viamaris ábrese mercado desde a súa sede en Brión

[21/02/2012]

O empresario ourensán Jorge Formigo abriu o seu negocio de comercialización en xullo. Conta cunha vintena de distribuidores e confía en chegar a facturar máis de 2 millóns. Aínda que Brión non ten mar o seu chan si parece atractivo para acoller iniciativas que apostan polos produtos de calidade que se extraen das rías galegas. É o caso dun emprendedor que despois de once anos como xefe de vendas no mundo das conservas, e sen temor a estes tempos de crises, decidiu independizarse e asentar o seu negocio neste municipio compostelán. Trátase de Jorge Formigo, un ourensán que xunto á súa muller, Mar Alonso, comercializa desde o pasado mes de xullo a marca Viamaris, para o que selecciona o mellor berberecho, navalla, zamburiñas ou mexillón das rías galegas.

"A nosa clave está nun produto galego, selecto e altamente especializado", explica o empresario, que aínda que en principio aposta por manter o negocio familiar, abrir mercados e asentar as súas marcas (tamén ten regirada xa Ría Meiga), non descarta nun futuro chegar a crear dez postos de traballo e lograr unha facturación anual que oscila entre os 2 e 3 millóns de euros. "Polo momento as cousas van ben, pero contamos cunha infraestrutura curta e traballamos conforme ás nosas posibilidades".

Na actualidade os seus principais mercados son Cataluña, Levante e Madrid, e seguen apostando por unha maior proxección nacional. "O mercado español é máis maduro e está máis afeito ás conservas variadas", explica Formigo, que non descarta, se a cousa vai ben, abrirse ao mercado exterior nos próximos anos. "É un proxecto que está a dar os seus primeiros pasos, pero a empresa ten moito percorrido. É un gran reto para a miña muller e para min", asegura.

O almacén que instalaron na avenida de Noia, no municipio de Brión, foi financiado case ao 100% polos Formigo, "se tivese que recorrer ao financiamento externo posiblemente non montase a empresa", explica no empresario en alusión ao difícil que é obter hoxe recursos da banca.

Iso si, a este matrimonio ourensán, asentado desde fai máis de quince anos en Aldea Nova non lle falta traballo nin ilusión. "Agora non teño horario, pero podo facer outras cousas que antes non facía, como levar ao meu fillo ao colexio", comenta.

COMPRADORES

A gran escala Viamaris xa se comercializa en preto dunha vintena de grandes cadeas de distribución nacional, que xa mostran as conservas nos andeis dos súper.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion