versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Supremo anula o plan parcial do polígono empresarial de Brión

[22/02/2012]

A sentenza supón o fi n defi nitivo do proxecto de naves comerciais. O Tribunal Supremo ha rexeitado o recurso de casación interposto polo Concello de Brión contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que anulou o plan parcial deseñado para o desenvolvemento urbanístico do polígono empresarial de Pérros, no municipio de Brión.

O proxecto do citado polígono prevía a ocupación de máis de vinte hectáreas entre Bastavales e Vos Ánxeles para a localización de naves comerciais nun espazo próximo á ligazón coa autovía autovía Santiago-Noia.

A sentenza do alto tribunal, que data do 24 de xaneiro, mantén a liña xurídica seguida nun proceso paralelo que supuxo a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) brionés no apartado concreto do desenvolvemento deste parque emrpesarial.

A aprobación da PXOM e posteriormente a do plan parcial foi recorrida pola asociación veciñal Torres de Altamira, que fundamentou todas as súas alegacións no elevado impacto ambiental que suporía a construción do polígono e polos danos na flora e fauna do lugar, que na onda de incendios do 2006 quedou arrasado e que agora está en pleno proceso de rexeneración forestal.

Pola súa banda, o Concello sempre sostivo que o parque suporía un avance económico para Brión, que comparte con Ames outro proxecto dun polígono industrial que tampouco callou.

O Supremo reitera os argumentos do TSXG e rexeita todos os argumentos que expuxo o Concello e imponlle as costas do proceso xudicial, como xa fixera no recurso, tamén de casación, contra a PXOM brionés. O TSXG ditaminou en contra do polígono en senllos fallos por entender que o proxecto empresarial non estaba justificado e polo impacto do mesmo nunha canle fluvial que hai no citado monte.

«Non hai vencedores nin vencidos, só gañou ou monte»

O proceso xudicial contra o proxecto do polígono de Pérros foi promovido pola asociación Torres de Altamira, especialmente crítica co proxecto polo seu elevado impacto ambiental. Tras o último fallo do Supremo, os directivos da entidade recoñecen a súa satisfacción polo fi n dun longo proceso, que arrincou no ano 1999, e que xerou á entidade un alto custo económico.

Co fallo defi nitivo na man, a entidade veciñal sinala que «nesta historia non hai vencedores nin vencidos, só hai un gañador: ou monte».

Torres de Altamira pide vixilancia na zona e ultima unha asociación forestal

Unha vez concluído o longo proceso xudicial, as colectivo Torres de Altamira está a traballar na constitución dunha asociación de xestión forestal para rendibilizar a riqueza que alberga o monte.

A asociación ten previsto convocar unha asemblea informativa na segunda quincena de marzo para explicar aos propietarios dos terreos do monte das axudas que poden recibir se se agrupan. Estes fondos servirían, segundo resalta o colectivo, para manter o monte limpo e coidado, reducindo con iso o risco de novos incendios forestais.

Precisamente nesta época de elevada seca, Torres de Altamira anunciou onte que solicitará á Xunta que tome medidas de vixilancia especial na zona para reducir o risco de incendios no monte de Pérros, de 53 hectáreas.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion