O PP de Brión deixa o pleno durante o debate das contas
[16/02/2012]
O orzamento municipal prevé baixar a débeda en máis de 300.000 euros. O catro concelleiros do PP brionés abandonaron onte o salón de plenos durante o debate dos orzamentos municipais en sinal de protesta por «non ter a documentación con sufi ciente antelación» para estudar a proposta do equipo de goberno. Os orzamentos, que ascenden a preto de cinco millóns de euros, aprobáronse cos votos do executivo municipal. O alcalde, José Luís García, especifi có ao comezo da súa intervención que a documentación correspondente a este punto enviouse «con seis días de antelación» cando a lei «marca dous» aínda que Carlos Tomei dixo que se incumpría a promesa de envialos cunha semana de antelación.
En todo caso, o García tamén aproveitou a súa intervención para explicar que é hora de «manter e non minguar» os servizos en Brión, entre eles Servizos Sociais. O goberno xa prevé que «a Xunta non cumprirá» co que lle debe nesta materia, «polo que a partida é a mesma que a do ano pasado, pero son recursos municipais».
Ademais, e grazas a unha política de «contención de gasto e máxima efi ciencia», o Concello orzou este ano unha redución da débeda municipal nuns 300.000 euros, o que signifi ca que cando termine este ano, a débeda suporá o 30,8 % do total de recursos orzamentarios «cando ou tope fixado é do 70 %». Unha redución «marca» en Galicia.
Enlace a La Voz de Galicia