versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión manexará case 5 millóns de euros en 2012 e priorizará a <> de todos os seus veciños

[14/02/2012]

Brión votará mañá mércores 15 de febreiro os seus orzamentos para 2012, que ascenden a 4.970.671 euros. É dicir, só 3.183 euros menos con respecto ao ano 2011. Isto permite manter un cociente de algo máis de 658 euros por habitante.

O alcalde de Brión, Xosé Luís García, asegura que se trata duns orzamentos "guiados polos principios de contención do gasto, da máxima eficiencia na utilización dos recursos públicos e cun claro compromiso para lograr un máis elevado nivel de vida para os veciños". Neste sentido, os orzamentos de 2012 supoñen a redución dun 1% os gastos de persoal, mentres que os gastos correntes ascenden case dous millóns de euros, o que supón o 38% do orzamento.

O sesenta por cento dos investimentos destinaranse a manter en bo estado as estradas e beirarrúas, mentres que o corenta por cento restante "dirixirase a investimentos que teñen como fin o mantemento dos servizos existentes, como a escola de música, os centros sociais, a gardaría municipal ou a biblioteca, entre outros", sinala o alcalde.

O pleno no que se votarán estas contas celebrarase no Consistorio o 15 de febreiro a partir das 13.00 horas. A recente aprobación do Real Decreto Lei 30/2011 de medidas extraordinarias do Goberno, unido á baixa laboral da titular de Intervención, "motiva que o debate se celebre de maneira excepcional nesta data, xa que a aprobación das contas realizouse sempre de maneira puntual en decembro", din na Casa Consistorial.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion