versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Teo, Oroso e Brión consensúan as axudas do bus metropolitano

[21/01/2012]

Os municipios queren aprobar en febreiro as tarifas sociais. Os concellos de Teo, Oroso e Brión, ademais do de Santiago, acordaron definitivamente os criterios técnicos que rexerán a aplicación das tarifas sociais do servizo de transporte metropolitano, unha iniciativa que suporá que os maiores de 65 anos paguen, por vez primeira e en función do seu nivel de renda, unha parte do billete de autobús.

A esta decisión únense tamén axudas até agora inexistentes para colectivos como parados de longa duración e persoas que estean a sufrir casos denominados de emerxencia social. Dependendo dos niveis de renda, as exencións poderán ser totais, aínda que o prezo ofi cial por billete, sempre que se use o cartón metropolitano, será de 39 céntimos, o que supón o 50 % da tarifa que está en vigor desde principios de ano, que ascende a 78 céntimos de euro, seis máis que hai un ano.

Os criterios das novas tarifas foron debatidos nas dúas últimas semanas por técnicos dos departamentos de Servizos Sociais de varios municipios composteláns.

O consenso político xa quedou moi avanzado nunha reunión con representantes electos das administracións locais celebrada o 2 de xaneiro. Pero tras este borrador foron os técnicos dos departamentos de Servizos Sociais os que adaptaron este compromiso nun modelo único de concesión de axudas no que xa se implicaron os municipios de Teo, Brión e Oroso.

Ordenanza para febreiro

O seguinte paso será que os demais concellos da comarca de Santiago, xunto cos municipios que forman parte da área compostelá de transporte, sómense a esta iniciativa, ampliándoo a Ames, Boqueixón, Vedra, Val do Dubra, O Pino, Trazo e Touro, aínda que todos deberán referendalo. Tamén hai consenso en que a ordenanza estea aprobada a finais de febreiro, xa que o documento debe pasar polo trámite de publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e exposición pública durante un período legal dun mes para posibles reclamacións de usuarios e empresas.

A présa dos concellos está determinada polo prazo anunciado pola Dirección Xeral de Mobilidade, que na última reunión da comisión de seguimento do plan de transporte anunciou que o sistema técnico estaría listo en abril.

Para entón, os concellos queren ter xa en vigor a ordenanza, o que permitiría que o novo sistema tarifario entrase en vigor de inmediato. E dado que o novo modelo de tarifas suporá cambios nas previsións de ingresos, os concellos tamén queren ter estas cifras para os seus respectivos orzamentos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion