versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Un home atraca cun coitelo un banco de Brion

[18/01/2012]

De cara e sen importarlle os dispositivos de seguridade nin tampouco as cámaras de videovigilancia. Así atracou onte un home a oficina de Novagalicia Banco do centro comercial Monte Balado, en Vos Ánxeles (Brión).

O ladrón entrou na oficina ás doce da mañá armado cun coitelo e ameazou ao dependente esixíndolle que lle dese todo o diñeiro que había na sucursal. O empregado non opuxo resistencia e fíxolle entrega dunha cantidade que, aínda que foi elevada, non superaba os 10.000 euros. Acto seguido, o atracador abandonou a pé as instalacións e deuse á fuga. A descripcion que posteriormente fixeron del as testemuñas foi a dun home de mediana idade, de entre 50 e 55 anos.

A Garda Civil foi alertada polo empregado da sucursal bancaria e acudiu de inmediato ao lugar dos feitos. A investigación xa está en marcha e as posibilidades de dar co culpable son moito máis elevadas debido a que o atracador non se cubriu a cara para perpetrar o roubo, polo que a súa imaxe quedou gravada nas cámaras de seguridade que hai en todas as oficinas bancarias.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion